O Concello vai solicitar á Oficina de Emprego de Xinzo oferta pública de emprego para a contratación laboral de:
- 4 peóns forestais do PROGRAMA APROL RURAL 2019 (non se require titulación e non se valora experiencia).
As persoas interesadas deberán estar inscritas na Oficina de Emprego de Xinzo na categoría anterior.
Terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria:
- Mulleres.
- Menores de 30 anos demandantes do primeiro emprego.
- Persoas paradas de longa duración.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego.
- Persoas desempregadas maiores de 45 anos e Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
Realizarase un contrato laboral temporal de 9 meses para as labores indicadas nas bases reguladoras.
As persoas que estiveron contratadas con cargo ás axudas concedidas no ano 2018 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de políticas activas de emprego non poderán ser contratadas con cargo ás axudas previstas nesta Orde.
Todas aquelas persoas interesadas, poden pasar pola Oficina de Emprego de Xinzo ou polo concello para informarse.