Axencia de desenvolvemento Local
Naceu cun obxectivo principal: a dinamización do territorio municipal e dos seus diferentes sectores de actividade. Persegue, pois, converterse nun referente para a actividade empresarial, tanto no apoio á consolidación das empresas asentadas no noso municipio, como no fomento da actividade económica.
Ao tempo leva a xestión das axudas e subvencións que poidan ser de interese para o concello e na xestión e asesoramento nos proxectos en marcha.
Finalmente desde a Axencia lévase a colaboración e cordinación doutros temas coas diversas áreas municipais.
Apoio os desempregados
- Bolsa de emprego
- Cumprimentación e presentación ofertas de emprego no INEM
- Organización de xornadas, charlas, coloquios, cursos, etc.
- Punto de información do INEM. O Concello pon a disposición dos veciños a posibilidade de consultar calquera dato do INEM, pudendo pasar revista do paro dende aquí.
- Solicitudes de prestacións, axudas ó INEM. Consulta e solución de dúbidas.
Apoio aos emprendedores
- Acompañamento de proxectos empresariais. Posta en marcha, solicitude de axudas, e trámites legales.
- Solicitude de axudas de promoción do emprego autónomo e axudas para promover a afiliación a seguridade social de persoas cotitulares ou tilares de explotación agrarias.
- Colaboración co GDR15 AVINZA, derivación na tramitación das axudas do LEADER
Apoio aos empresarios
- Solicitude de axudas ao comercio, talleres artesanais, hosteleria, etc.
- Colaboración coa Asociación de empresarios do Concello.
- Asesoramento a empresarios e autónomos.