Cultura e Deporte
Lévase a cabo unha tarefa de dinamización cultural con programas e actividades para tódalas idades, na que a participación veciñal ten un importante papel.
Actuacións musicais, charlas e conferencias, debates, obradoiros, teatro, contacontos, viaxes, animación á lectura… son algúns exemplos da variada oferta cultural programada polo concello durante todo o ano.
BIBLIOTECA E TELECENTRO
Presta un servizo de consulta e lectura de libros ao usuario. Está dividida en varias seccións desde a narrativa en galego e castelán ata materias como a arte ou as ciencias. Destaca o apartado adicado a lectura infantil e xuvenil.
Desde o Telecentro, instalado na propia Biblioteca, contamos cunha rede de computadores para poder ofrecer aos usuarios, desde o acceso gratuíto a Internet con ADSL, ata cursiños de alfabetización dixital. O Telecentro está incluído na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, e polas tardes, organiza actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías.
HORARIOS:
Biblioteca e Telecentro
De Luns a Venres de 16:00h a 20:00h
COLABORANDO CO DEPORTE LOCAL
Despois de moitos anos de inactividade. A partir desta tempada 2017-18, imos contar novamente cun equipo de fútbol, a Asociación Deportiva Vilar de Santos, A.D. Vilar de Santos, na Liga de Terceira Galicia, Grupo 12, no campo de fútbol do Agro en Parada.
Unha realidade xa en marcha. Un proxecto que foi posible grazas ó interese mostrado e tamén ó compromiso, capacidade e ilusión da mocidade que participa.
Nesta nova andaina, desde o Concello pretendemos axudar para consolidar a A.D. Vilar de Santos. Mais non chega.
PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
Programas formativos e actividades de lecer
Dentro do Programa está incluído:
- AULA DOS MAIORES
- OBRADOIRO DA MEMORIA
- ACTIVIDADES DE XIMNASIA ACTIVA
Desenvolvense obradoiros da memoria e alfabetización dixital e ximnasia no Centro Social de Parada e na Biblioteca municipal.