Información Xeral do Concello

DATOS SOCIOECONÓMICOS

Vilar de Santos conta na actualidade cunha poboación próxima aos 800 veciños. Unha cifra, que ainda que ten descendido nas últimas décadas, non o fixo de forma tan drástica como noutros concellos da Comarca da Limia.

Herdeira dunha tradición agraria que nos anos 60 quebrou e condenou a unha parte moi importante á emigración, a poboación de Vilar de Santos soubo remontar esas décadas nefastas e procurar o desenvolvemento abríndose a novos sectores de producción.

Cómo cáse que tódolos Concello rurais de Galiza, Vilar de Santos presenta unha piramide de poboación envellecida. Sen embargo na última década obsérvase, sobre todo desde a instalación do Parque Empresarial, que este envellecento se detivo e que os primeiros tres tramos da piramide teñen un crecemento, cado menos, esperanzador.

O municipio conta con dúas parroquias, Vilar de Santos composta por tres núcleos de poboación: Vilar de Santos, Barrio e Casas da Veiga e Parada de Outeiro composta por dez pobos: Laioso, Breixome de Arriba, Breixome de Abaixo, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, A Ponte e Castelaus. Mentres a primeira emprazase na súa totalidade na chaira da limia, e polo tanto en zona de Concentración Parcelaria, Parada reparte a súa superficie entre a chaira e o monte e conta, polo tanto, cunha paixase máis diversa e tradicional.

Na actualidade, Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas. A pesares de que na actualidade o sector adicado aos servizos e a industria auxiliar da construción acaparan máis da metade do emprego, agricultura e gandeiría constituíron tradicionalmente a base económica do concello, destacando fundamentalmente o cultivo da pataca e dos cereais, así como o proceso de cultivo e elaboración do liño.

O CLIMA

Oceánico de transición, con características mediterráneas e continentais; a temperatura media anual é de 10,6ºC ; unha temperatura media no mes máis frío de 4-6ºC, e no mes máis cálido de 16-18ºC. No inverno poden acadarse temperaturas de -10ºC e no verán +40ºC.

A precipitación media é de 800-900 mm anuais; a amplitude térmica é de uns 13ºC.

O que caracteriza ó noso clima son as xeadas e o longo período seco; as xeadas son regulares desde novembro incluso hasta maio, con repercusións enormes para os cultivos que, están moi condicionados por elas. A outra característica é a seca estival, que nos últimos anos anormalmente secos, aínda ten incidido máis nos cultivos.

Canto ó réxime de ventos, podemos decir que non hai ningún que predomine, pero pode decirse que no inverno son frecuentes os do noroeste.

A VEXETACION

Polo clima que temos, estamos situados nunha área que ofrece excelentes condicións para o crecemento da masa arborada, predominando os de folla caduca. A variedade de “carballo blanco” ou cerquiño localízase nas zonas máis elevadas.

Coa concentración parcelaria desapareceron grandes masas da zona chá entre O Mosqueiro, Vilar de Santos e As Casas da Veiga, reducíndose a súa presencia a zonas non afectadas pla parcelaria.

Outra especie moi localizada, sobre todo en Outeiro é o castiñeiro; noutro tempo, ata mediados do século, existían grandes soutos entre Vilar de Santos, Castelaos, O Mosqueiro e na zona de Parada de Outeiro, pero resultaron moi afectados pola enfermidade da “tinta” e moitos morreron.

No que se refire ás especies herbáceas e arbustivas, están, ademais do toxo e a xesta, os fentos e as silvas, que formaban sebes nas lindes das parcelas.

O retroceso da vexetación ven ocasionado, en primeiro lugar, pola concentración parcelaria, que eliminou grande cantidade de masas arboradas ou non ; pero sobre todo pola actitude da xente que cortou abusivamente e sen control. O outro axente de desaparición foi a praga dos incendios forestais; especialmente importante foi o do ano 1993, no que se queimaron segundo estimacións do concello, erredor de 200 Ha de monte; e na zona localizada e considerada como reserva, é dicir no monte entre Vilar de Santos- Saá- Castelaus. Causa indirecta destes incendios son o abandona a que están sometidas as zonas “á poula”, nas que medra grande cantidade de especies herbáceas e arbustivas, aumentando o risco de incendio no verán.

OS SOLOS

Dous factores que van influir nos solos de Vilar de Santos son a acidez (son solos moi ácidos) e a auga xa que a súa presenza indicará un desenvolvimento maior ou menor. As dúas principais características dos solos do concello son a súa acidez e a súa capacidade para reter auga, que no verán diminúe moito provocando certa aridez.

CHAIRA E MONTAÑA

Existen duas zonas claramente definidas. Unha zona montañosa, a partir da estrada C-531 que abranxe un pouco máis da metade do concello.

A outra zona xeomorfolóxica esténdese cara o sur da estrada de Celanova (C-531), e constitúe unha perfecta chaira na que están soamente os lugares de Barrio (620 m), Vilar de Santos (630 m), As Casas da Ponte (630 m) e O Mosqueiro (628 m). As Casas da Veiga sitúase a uns 615 m aproximadamente.

A AUGA

A rede fluvial do concello forma parte da cunca hidrográfica do río Limia. É pouco importante e de carácter estacional, agás o canal da Lagoa e o río Limia, nos seus percorridos polo terreo municipal; os restantes pódense considerar regatos.

O máis importante é o regato Lameiras, que nace no monte de Laioso e percorre todo o concello en dirección norte-sur (ver mapa 6), formando un val dende a cabeceira, situada a máis de 800 m ata que desemboca no canal da Lagoa a uns 610 m, xa na chaira. Ten dous afluentes: o regato das Lamas, en Bréixome de Arriba; e o outro, a Caneira de Cacheiro, en Outeiro. No seu percorrido, deixa á man dereita Laioso e á esquerda, Bréixome de Arriba, Bréixome de Abaixo e Toxediño. Discorre por Parada, As Casas da Ponte, O Mosqueiro e as Casas da Veiga.

O outro regato é o de .Barrio, que nace no Seixo (Sandiás) e pasa por Barrio ata o canal, formando tamén na súa cabeceira unha veiga ampla e servindo de límite oriental con Sandiás.

O caudal é reducido e estacional. Con motivo da concentración , estes dous regatos están canalizados; un dende Barrio e o outro dende O Mosqueiro. Existen numerosos mananciais no monte, que contribúen a que os recursos hídricos sexan suficiente.

Pin It on Pinterest

Share This