Oficina Municipal de Rehabilitación de Vilar de Santos
O pasado 24 de abril de 2012, asinouse un convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo- IGVS e o Concello de Vilar de Santos e para o financiamento da Oficina Municipal de Rehabilitación.
A Oficina Municipal de Rehabilitación, contará cun equipo técnico de traballo formado por varios profesionais (arquitecto, aparellador,…). Deseñará e planificará todas as actuacións do Concello como portelo único de información e xestión do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 e doutras actuacións das políticas de vivenda, tanto para as funcións técnicas de rehabilitación como asesoramento e información, tramitación e xestión das axudas, o Programa Aluga e sobre todo establecer o marco de colaboración no ámbito das actuacións da Area de Rehabilitación Integral- ARI de Vilar de Santos, declarada no 2011 polo IGVS.
Poder contar cunha Oficina Municipal de Rehabilitación, aparte do traballo de planificación e xestión, sobre todo significa intentar poñer en marcha unha iniciativa que pretende estar cerca dos veciños para asesoralos e axudalos a promover proxectos de recuperación e rehabilitación do patrimonio construído, co obxectivo primordial de evitar o abandono e ruína e revitalizar o entorno e fixar poboación, promovendo novas alternativas e fomentando a actividade económica.
Enlaces relacionados
» Portelo Único de Vivenda – Oficina Municipal de Rehabilitación