A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia aprobou unha serie de recomendacións necesarias para a prevención da infección polo SARS-CoV-2 nos cemiterios de Galicia, tendo en conta o Día de Defuntos e de Todos os Santos.
Debemos manter o criterio de responsabilidade e prudencia e extremar a precaución e a prevención para manter a saúde pública de todos.
Recordamos a todos os veciños e veciñas, a necesidade de cumprir estritamente as medidas ditadas polas autoridades sanitarias:
Uso obrigatorio da máscara en todo momento.
- Evitar o contacto físico e manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.
- Lavarse as mans correctamente ou utilizar xel hidroalcohólico, evitar tocarse os ollos, nariz e boca e boa hixiene respiratoria.
- Poderán asistir ao cemiterio grupos de non máis de 4 persoas do mesmo grupo familiar/convivintes.
- A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.
- Espaciar as visitas e evitar aglomeracións e formar grupos tanto dentro coma fora do cemiterio.
- Se é unha persoa de risco ou pertence a un grupo vulnerable, evite ir os días e horas con maior aglomeración de persoas.
Lembrar que en caso de ter algún síntoma compatible ca Covid-19, contactar co 061 ou co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116
Por último, agradecer novamente o comportamento cívico e o esforzo da veciñanza e apelar á responsabilidade persoal de todos, para velar polo necesario cumprimento e seguimento destas medidas para a protección individual e colectiva no concello de Vilar de Santos.