A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará un curso formativo e unha charla a través de videoconferencia na vindeira semana.

O día 15 de Outubro, en colaboración con Canal Senior celebrarase a videoconferencia: “WhatsApp (nivel 1): Configuración básica”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.

Péchase a programación da semana coa actividade “Configuración de dispositivos e uso de aplicacións móbiles”, que se celebrará do día 16 ao 18 de Outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Pin It on Pinterest

Share This