Hoxe no polígono da Santa Marta, realizouse a primeira visita, dunha serie, baixo o lema “Coñecendo Vilar de Santos”.

No día de hoxe o concello de Vilar de Santos en colaboración coa empresa Teko Wood, pioneira no sector da madeira e da sua transfornación, organizaron para os nenos de 5 e 6 de primária do colexo Carlos Cid Arriegui unha visita para ver o proceso de fábricación, pasando polos diferentes procesos de transformación, serrado, moldurado, recubrimento e empaquetado das pezas, así os nenos forom capaces de comprender todos os procesos anteriores que se producen antes de chegar un producto ao mercado, acercando así aos nenos a realidade do sector.

Ademais participaron de forma visual dun simulacro de incendio, podendo ver os protocolos de actuación ante un posíbel incendio dentro das súas instalacións.

Este valor engadido que ten o noso concello, ter un poligono e empresas cun presentes e cun gran futuro, son o factor diferencial para o asentamento de poboación no concello.

 

Pin It on Pinterest

Share This