Con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, abrimos este certame de debuxo para peques de entre 3 e 14 anos. A temática dos debuxos pode ser sobre igualdade, diversidade, respecto, tolerancia… Valores que se enaltecen nesa data tan importante.
Podedes presentar as vosas creacións nas oficinas municipais do concello de 9 a 15 horas, na biblioteca de 16 a 20 horas ou de xeito dixital no correo servizos.sociais@vilardesantos.com. Tedes ata o 10 de novembro! Lembrade que hai premios para todas/os.
BASES DO CERTAME DE DEBUXO
Participantes:
Poderán participar todos os nenos e nenas do concello de entre 3 a 14 anos
Obxectivos:
- Sensibilizar a cidadanía en xeral e as nenas e nenos en particular sobre a igualdade e a diversidade.
- Implicar a veciñanza no respecto ás diferencias, e na loita por unha sociedade libre igualitaria, segura e tolerante.
Temática e finalidade:
Os debuxos presentados deberán reflexaros valores da igualdade, a diversidade e o respecto e tolerancia,das orientacións sexuais, crenzas relixiosas,… A técnica será libre.
Os debuxos presentados serán publicados nas redes sociais e empregados os debuxos poderán ser empregados ademais como base para a realización de calendarios, axendas escolares ou calquera outro que se poida estimar por parte do Concello.
Prazo e lugar de presentación:
O prazo de presentación das propostas remata o 10 de Novembro de 2023. Poderán presentarse:
- por correo electrónico na dirección servizos.sociais@vilardesantos.com
- fisicamente nas oficinas municipais, en horario de 9 a 15 horas
- na biblioteca, en horario de 16 a 20 horas
Xurado:
O xurado estará composto polo Alcalde, un/ha concelleira e a traballadora social do concello, sendo o seu veredicto inapelable.
Premio:
O debuxo gañador darase a coñecer nas redes sociais do concello o DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2023.
O premio consistirá nun VALE para material didáctico.
Tamén haberá un pequeño agasallo para cada participante.