Dentro das Xornadas Sapere Aude que se desenvolven neste 2023, o 29 de outubro terá lugar a andaina-ruta interpretativa pola Lagoa de Antela e a Via Nova entre o Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos) e o Museo Casa da Lagoa de Antela (Sandiás). Unha oportunidade única para coñecer o noso patrimonio histórico e natural camiñando os nosos sendeiros, con paradas interpretativas nos lugares de interés.
Ao finalizar haberá petiscos e sorteo de agasallos. É preciso inscribirse para asistir! Podes facelo de balde ata o venres 27 de outubro na web de Celtia Travel: https://www.celtiatravel.com/evento/andaina-ruta-interpretativa-museo-da-limia-casa-da-lagoa-de-antela/
- Quedamos en: Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos).
- Ver punto exacto no mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de encontro: 9.30 h. Prégase estar ao menos 15 minutos antes no punto de salida para o reparto de dorsais.
- Hora estimada de finalización: 13.30 h.
DATOS DA RUTA
- Ruta lineal de 13 km. Podes consultar o percorrido en Wikiloc.
- Dificultade media/baixa.
-
Acumulado: 200m.
- Percorrido lineal: Museo da Limia (Vilar de Santos), Lagoas de V. Santos e Sandiás, Miliarios de Vilariño das Poldras, Cerredelo, S. Bieito de Uceira, Casa da Lagoa (Sandiás).
-
Avituallamento no km 8 do percorrido (Cerredelo, tanto sólido como líquido).
-
Petiscos ao finalizar a ruta (ao carón da Casa da Lagoa en Sandiás).
-
Sorteo de agasallos.
- Regreso en bus ata Vilar de Santos.
RECOMENDACIÓNS
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados á metereoloxía e á realización da actividade.
- Aínda que haberá avituallamento, recoméndase levar auga para o percorrido.
PATROCINAN
- Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
- Concello de Vilar de Santos.
- Museo Etnográfico da Limia.
- Concello de Sandiás.
- Museo Casa da Lagoa de Antela.
COLABORAN
- Arca da Noe
- Café Bar Centro Social
- Rosa Artesanía
- Asociación Mulleres Rurais Arracada Vilar de Santos
- Noelia Peluquería
- Lumecú
- Faragullas
- Sabor de Aldea
- Redonet