O domingo 19 de xuño inaugúrase a nova sinalización do Sendeiro de Parada en Vilar de Santos cunha andaina organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Arracada.
Datos da andaina
A ruta de sendeirismo circular do Sendeiro de Parada pode facerse na súa versión curta ou longa.
- Ruta curta:
- Distancia: 5,4 km.
- Dificultade: baixa.
- Ruta longa:
- Distancia: 9,7 km.
- Dificultade: media.
Prezo
- Persoas socias da Asociación Arracada: de balde.
- Persoas non socias: 5€. O pago farase o mesmo día da andaina.
A participación na andaina inclúe:
- Ruta guiada.
- Avituallamentos.
- Sorteo de agasallos por parte dos colaboradores.
- Seguros RC e accidentes.
Inscricións e máis información
Na web https://www.celtiatravel.com/evento/andaina-do-sendeiro-de-parada/. Para asistir é obrigatorio inscribirse. As inscricións estarán abertas ata o venres 17 de maio, ás 13:00 h.