Amplíase o prazo de presentación de obras para o Certame de Debuxo do 25N ata o 20 de novembro. Animádevos a participar!

Lembrámosvos as bases do concurso:

BASES DO CERTAME DE DEBUXO

Participantes:

Poderán participar todos os nenos e nenas do concello de entre 3 a 14 anos

Obxectivos: 

  • Sensibilizar a cidadanía en xeral e as nenas e nenos en particular sobre a igualdade e a diversidade.
  • Implicar a veciñanza no respecto ás diferencias, e na loita por unha sociedade libre igualitaria, segura e tolerante.

Temática e finalidade: 

Os debuxos presentados deberán reflexaros valores da igualdade,  a diversidade e o respecto e tolerancia,das orientacións sexuais, crenzas relixiosas,… A técnica será libre.

Os debuxos presentados serán publicados nas redes sociais e empregados  os debuxos poderán ser empregados ademais como base para a realización de calendarios, axendas escolares ou calquera outro que se poida estimar por parte do Concello.

Prazo e lugar de presentación: 

O prazo de presentación das propostas remata o 10 de Novembro de 2023. Poderán presentarse:

  • por correo electrónico na dirección servizos.sociais@vilardesantos.com
  • fisicamente nas oficinas municipais, en horario de 9 a 15 horas
  • na biblioteca, en horario de 16 a 20 horas

Xurado: 

O xurado estará composto polo Alcalde, un/ha concelleira e a traballadora social do concello, sendo o seu veredicto inapelable.

Premio: 

O debuxo gañador darase a coñecer nas redes sociais do concello o DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2023.

O premio consistirá nun VALE para material didáctico.

Tamén haberá un pequeño agasallo para cada participante.

 

Pin It on Pinterest

Share This