O Concello de Vilar de Santos dá conta dos resultados obtidos no ano 2023 polo Servizo de Promoción da Igualdade e prevención da Violencia de Xénero do Concello de Vilar de Santos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería da Promocion de Emprego e Igualdade.

As actividades que estaban dirixidas ás mulleres do Concello de Vilar de Santos comezaron en xuño, e estiveron relacionadas coa promoción da saúde e o autocuidao das mulleres, mellora da súa autoestima e outras habilidades que contribuíron a asentar coñecementos, gañar autoconfianza e reforzar as posibilidades de integración social e laboral das particiantes.

O resultado mais positivo foi o incremento da participación, que aumentou ata as 34 participantes, especialmente atraídas polas actividades de promoción da saúde pero tamén no resto de propostas.

Pin It on Pinterest

Share This