Hoxe ábrese o prazo para que as familias de nenos e nenas de nova incorporación soliciten a preinscrición no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Vilar de Santos.
DATAS:
- Do 15 ao 30 de abril de 2024 (ambos inclusive).
DOCUMENTACIÓN:
As familias deberán achegar a seguinte documentación:
- Modelo de solicitude: pode descargarse aquí.
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais/nais ou titores.
- Certificado de empadroamento dos país, neno/a e convivencia.
- Fotocopia da/s última/a decaración/s da renda de tódolos membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
- Outros documentos como poden ser: Condición de familia numerosa, familia monoparental, sentencia de divorcio…
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Poderán realizarse:
- Presencialmente:
- No PAI.
- Na Área de Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos.
- Vía telemática:
-
- A través da Sede Electrónica do concello.
- No correo electrónico servizos.sociais@vilardesantos.com
Se precisas máis información, podes chamar ao teléfono 988465883 (Servizos Sociais).