Hoxe ábrese o prazo de preinscrición ao campamento de verán do concello de Vilar de Santos para nenas e nenos entre 3 e 14 anos. O programa executarase de luns a venres entre o 3 de xullo e o 1 de setembro. A actividade será gratuíta para empadroados, e terá un custe de 40€/mes ou 25€/quincena para non empadroados.
INSTRUCIÓNS PARA O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
1º) Dende hoxe habilítase un formulario de preinscrición que permanecerá aberto ata as 23:59h do día 2 de xuño na seguinte URL: https://forms.gle/MrvETzFvEAqRzmY89
2º) Pasado ese período publicarase na web https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade:
  • 1º) Os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos dende hai 6 meses ou máis.
  • 2º) Os menores empadroados no concello de Vilar de Santos dende hai menos de 6 meses.
  • 3º) Os menores con ao menos un proxenitor empadroado no concello de Vilar de Santos.
  • 4º) Os menores con con algún familiar de ata segundo grao de afinidade/consanguinidade empadroado no concello de Vilar de Santos.
  • 5º) Os demais casos, segundo orde de inscrición.
3º) Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula.
MÁIS INFORMACIÓN: nos Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos, ou en servizos.sociais@vilardesantos.com

Pin It on Pinterest

Share This