Coa finalización das obras de mellora da accesibilidade e das instalacións da Casa do Concello.
Convidamos a todos os veciños e veciñas á Xornada de portas abertas que terá lugar o xoves, día 3 de xaneiro, a partir das 10 da mañá, para dar a coñecer as novas instalacións e servizos da casa de todos.
Recordarlle tamén á veciñanza que a partir do luns, 7 de xaneiro volveremos atender no concello con total normalidade e no horario habitual.