Dende o Concello de Vilar de Santos, estamos a traballar nun Proxecto para poder ofrecer Vivendas de Aluguer Social para os veciños e veciñas.
Co fin de poder optar ás subvencións que nos permitirían realizar o proxecto e ofrecer este tipo de vivendas, precisamos contar cun Padrón de demandantes de vivendas de aluguer social.
Por este motivo, todas aquelas persoas interesadas en optar a unha vivenda de aluguer social, poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello.
O prazo para realizar a inscrición no Padrón de demandantes de vivenda de aluguer social estará aberto ata o día 5 de febreiro.
Para mais información dirixirse aos Servizos Sociais do Concello.
Tel. 988 465 863 – servizos.sociais@vilardesantos.com