O Concello de Vilar de Santos anuncia o inicio do obradoiro de emprego conxunto entre os municipios de Vilar de Santos, Vilar de Barrio e Allariz. Un proxecto que ten como obxectivo a formación e inserción laboral de veciños e veciñas nas especialidades de albanelería e xardinería.

 

No acto de apertura estiveron presentes os alcaldes dos tres municipios implicados: Antonio Míguez (Vilar de Santos), Manuel Conde (Vilar de Barrio) e Cristina Cid (Allariz)O alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez sinalou: “Esta iniciativa é unha gran oportunidade para que o alumnado adquira proxección de futuro”.

 

Pola súa parte, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, remarcou o valor que teñen este tipo de formacións para a poboación, sinalando que “os tres concellos aspiramos a que estas actuacións que se levarán a cabo beneficien á poboación xeral”

 

O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, destacou con firmeza a importancia de implicarse activamente neste tipo de iniciativas. “Este obradoiro representa unha oportunidade única para os participantes, xa que estas formacións son esenciais para os nosos pequenos concellos, tendo a posibilidade de formarse e dar prestixio á labor que se vai desempeñar”, afirmou.

 

O obradoiro, cunha duración de 9 meses, permitirá que os participantes adquiran coñecementos teóricos e experiencia práctica en albanelería e xardinería, dúas áreas con alta demanda laboral. Esta iniciativa está a beneficiar a varios veciños e veciñas de Vilar de Santos, que xa comezaron as súas actividades formativas.

 

Este proxecto conxunto reflicte o compromiso dos tres concellos coa creación de emprego e o fortalecemento da economía local, apostando pola formación como motor de cambio e progreso para a poboación rural.

 

Pin It on Pinterest

Share This