⚡Vilar de Santos deixa pegada no Entroido de Xinzo! ⚡
Este ano, a nosa xente volveu sorprender cunha participación espectacular no gran desfile! 🎭🔥
👑 As Deusas da Arracada conquistaron o xurado e levaron o premio á mellor comparsa grande, rendendo tributo á nosa historia e cultura cunha posta en escena impresionante.
🏎️ Fórmula Galega fixo tremer Xinzo coa súa escudería chea de humor e velocidade, acadando unha mención especial polo seu impacto e orixinalidade.
🚧 O control aduaneiro da Fronteira do Canal puxo o toque de sátira e retranca cunha parodia moi enxeñosa.
⚽ E como non podía faltar o espírito deportivo, tamén houbo representación coa equipación de fútbol de Vilar de Santos, levando o orgullo do noso Concello ao Entroido máis grande do mundo!
Parabéns a todas e todos por este éxito! Un ano máis, Vilar de Santos demostrou que o Entroido é talento, creatividade e orgullo polo seu pobo! 🎭