O Concello de Vilar de Santos,  xunto a outros 102 concellos galegos, participa na campaña  Concellos en Negro – Vilar de Santos en Negro – co obxectivo de promover e facer visible o noso rexeitamento ante calquera tipo de violencia contra as mulleres con motivo do 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Dende o Concello de Vilar de Santos queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento ás violencias que sofren as mulleres polo feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, os nenos e as nenas.

Queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres; amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen a exerce e da complicidade de quen as silencia.

Pin It on Pinterest