A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará un curso formativo e unha videoconferencia na vindeira semana.
Os días 17, 19,20 e 21 de Febreiro, continuaremos coa actividade: “WRITER: Procesador de textos”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
O martes 18 de Febreiro, realizarase, en colaboración co aliado dixital FEGAUS, a videoconferencia “Bibliotecas dixitais e audiolibros”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal