O Concello puxo en marcha un ano máis a Campaña de recollida de xoguetes para repartir nesta época de Nadal.

O prazo de recollida dos xoguetes fíxose desde o 22 de novembro ata o 11 de decembro nas dependencias municipais.

A campaña de recollida foi un éxito, unha gran manifestación da colaboración e solidariedade de tod@s.

Despois coa axuda dos usuarios e profesionais do noso Centro de Día e Vivenda Comunitaria, revisáronse, limpáronse e envolvéronse todos os xoguetes.

Por último, hoxe día 20, entregáronse en Cáritas en Ourense para o seu destino e que ningún neno ou nena quede sen un xoguete nestas datas.

Desde o Concello, manifestar unha vez máis o noso agradecemento pola colaboración nesta iniciativa solidaria.

Pin It on Pinterest

Share This