O obxecto principal desta actuación e poder “dispor dun instrumento de planificación, xestión e seguimento que ordene de xeito integral os esforzos a realizar polo Concello de Vilar de Santos en materia de aforro e eficiencia enerxética”.
O alcance dos traballos realizados foi:
- Toma de datos inicial.
- Análise enerxética de cada unha das instalacións de iluminación.
- Elaboración de propostas de actuacións para as melloras de sustentabilidade.
TOMA DE DATOS INICIAL:
Consistiu na visita a tódalas instalación de alumeado público das que dispón o Concello de Vilar de Santos.
Nestas visitas fixéronse tomas de datos sinalando as características principais e o estado no que se atopan os elementos de (centros de mando, cableados de alimentación os puntos do alumeado, luminarias, soportes de luminarias. sistemas de aforro enerxético e dispositivos de seguridade). Ao mesmo tempo fixaronse as ubicacións dos principais elementos en cartografía dixitalizada.
ANALISE ENERXÉTICA DE CADA UNHA DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN:
Consistiu na análise individual de cada unha das instalación de alumeado público das que dispón o Concello de Vilar de Santos.
Nestas análise valoráronse as situacións actuais nas que se atopan as instalacións tendo en conta os rexistros de consumos segundo a facturación eléctrica e os custos do mantemento.
ELABORACIÓN DE PROPOSTAS DE ACTUACIÓNS.
Partindo dos resultado obtidos na análise de cada unha das instalacións propuxéronse as actuacións mais vantaxosas a cada unha das instalación.
Unha vez realizadas tódalas propostas realizouse unha nova análise coa fin de sinalar un orden de prioridade das distintas actuacións de cara a un maior beneficio medioambiental a curto prazo.