O periodo de solicitude de pre-matrícula para o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Vilar de Santos permanece aberto do 15 ao 30 de abril de 2023 (ambos inclusive).
Documentación a achegar:
- Modelo de solicitude (descarga aquí).
- Certificado médico do neno/a.
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou documento equivalente.
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais/nais ou titores.
Presentación de solicitudes:
- Presencialmente, na Área de Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos.
- Vía telemática:
- A través da Sede Electrónica do concello.
- No correo electrónico servizos.sociais@vilardesantos.com
Máis información no teléfono 988465883 (Servizos Sociais).