Servizos Sociais

Os servizos sociais comunitarios son o sistema de protección social más próximo aos cidadáns, especialmente a aqueles que se atopan ( ou corren o risco de atoparse) nunha situación de carencia ou marxinación. Dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Vilar de Santos pretende achegar os servizos sociais a toda a poboación, a atención directa e o seguimento continuo das actuacións e programas que se levan a cabo.

Podes poñerte en contacto para solicitar a información necesaria ou concretar unha cita coa traballadora social no teléfono 988 46 58 83 de luns a venres de 8:30 a 14:30, horario de atención ao público.

 

 

Programa de Información, orientación e asesoramento
  • Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.
  • Información, orientación e asesoramento de tódolos recursos relacionados co ámbito dos Servizos Sociais.
  • Axudas económicas relacionadas cos seguintes ámbitos:
    • Menores a cargo.
    • Pensións de Orfandade, Viudez, etc.
    • Pensión de Incapacidade Temporal e Permanente.
    • Pensións da Seguridade Social e do estranxeiro.
    • RISGA, RAI, etc.
    • Situación de Emerxencia Social por falta de recursos.
  • Tarxeta sanitaria para persoas sen recursos.
  • Axudas para emigrantes retornados e/ou inmigrantes.
  • Pensións Non Contributivas
  • Programa FSE+ de asistencia material básica.
  • Asistencia Xurídica Gratuíta.
  • Información e Asesoramento sobre o acceso ás competencias clave e/ou o recoñecemento da experiencia profesional.
  • Lei de Dependencia.
  • Tramitación do recoñecemento da discapacidade.
  • Tramitación de Balnearios e Vacacións para Maiores.
  • Tramitación da solicitude do certificado de últimas vontades por falecemento.
  • Asesoramento e Información relacionada con todo tipo de trámites burocráticos relacionados ou non cos Servizos Sociais a fin de facilitarlle a xestión ós veciños.
Servizo de Axuda no Fogar
Pretende proporcionar un conxunto de servizos ás persoas ou familias nos seus domicilios dende unha perspectiva integral e normalizadora para facilitar o seu desarrollo personal e permanencia no seu entorno habitual, especialmente naquelas situacións nas que teñen limitacións na autonomía e noutras situacións de risco social.
Servizo de Axuda no Fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público garantido polo concello.

 

O Concello de Vilar de Santos inclúe e garante a prestación do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas como Dependentes no seu Plan Individual de Atención e a prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico ou de libre concorrencia para as outras situacións.

Este programa tamén integra o Servizo de Teleasistencia.

O Equipo de traballo do Programa de Axuda no Fogar está integrado por catro Auxiliares de Axuda coordinadas pola traballadora social do concello.

III Plan de Igualdade de Oportunidades 2010-2014

O III Plan de Igualdade de Oportunidades 2010-2014 abarca cinco liñas de actuación, sobre as cales se incidirá nos vindeiros anos realizando todo tipo de accións e actividades para tódolos veciños e veciñas:

  • educación e cultura.
  • emprego e formación continuada.
  • benestar social e conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
  • violencia de xénero.
  • participación cidadá.

Con este conxunto de medidas, prétendese eliminar as desigualdades entre mulleres e homes tanto no ámbito económico, coma social ou cultural .. e incidir nunha mellora da calidade de vida de tódolos veciños e veciñas, facendo fincapé no papel da muller na sociedade, procurando facer conciencia das necesidades existentes e realizando un acercamento á sociedade na que vivimos e os recursos existentes nela.

 PRÓRROGA PLAN DE IGUALDADE

Programa de animación, prevención e cooperación social

Coa xestión e realización dos programas básicos de prevención, inserción, cooperación e fomento da solidariedade e outros destinados a intervencións comunitarias.

Este programa pretende asesorar, atender ou derivar a persoas en situación de risco ou de exclusión social ao recurso adecuado, aplicanto tanto proxectos de intervención social personalizados ou grupales como prestacións económicas específicas.

DISCAPACIDADE

  • Pensión non contributiva de inavalidez (PNC).
  • Recoñecemento do grado de discapacidade.
  • Termalismo social IMSERSO.
  • Tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida.

INCLUSIÓN

  • Renta de inclusión social de Galicia (RISGA).
  • Axuda á inclusión social (AIS).
  • Ingreso mínimo vital (IMV).

MULLER, INFANCIA E FAMILIA

  • Título de familia numerosa.
  • Programa de alimentos de la Cruz Roja.
  • Tarxeta de benvida.
  • Prestación económica de pago único para fijos menores de 3 anos.
Programa de Envellecemento Activo

Dirixido ás persoas maiores, contribúe a mellorar a calidade de vida deste sector social con programas formativos e actividades de lecer.

DEPENDENCIA E MAIORES

  • Valoración e recoñecemento da situación de dependencia.
  • Servizo de axuda no fogar.
  • Teleasistencia.
  • Pensión de retiro non contributiva (PNC).
  • Programa de respiro familiar.
  • Servizo de atención diurna para persoas dependentes.
  • Servizo de atención residencial a persoas dependentes.
  • Programa de Turismo social do IMSERSO.
  • Abono social eléctrico/telefónica.

 

Pin It on Pinterest

Share This