Rematou una nova edición Servizo de promoción da igualdade do concello de Vilar de Santos, un programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027
O principal obxectivo do programa é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, ofrecendo un espazo seguro e un tempo propio no que compartir, desfrutar e gañar poder, tal e como fixeron as 28 mulleres do noso concello que puideron participar en distintos obradoiros dende o pasado mes de abril e que contribuíron a mellora da súa autoestima, e nos que tamén adquiriron coñecementos, habilidades e ferramentas que sen dúbida contribuíron a mellorar a súa situación persoal, emocional e social.

