Sendeiro do Ruxidoiro
1. Ruta circular, que comeza xunto a Igrexa de San Xoán en Vilar de Santos. A igrexa de orixe románica, foi trasladada desde a aldea de Saa.
Na praza do Concello, xunto a mesma igrexa, podemos aparcar o coche e coller auga para o camiño na Fonte de Cachalgura.
2. Deixando atrás a Igrexa iniciamos camiño cun fermoso paseo á sombra de vellos carballos, que nos conducirá ao cemiterio e á aldea de Saa. Antiga capitalidade do concello, que foi abandonada.
4. Despois de Saa temos unha pequena subida que nos leva á parte baixa do Monte de Saa.
Desde aquí podemos ver una panorámica da chaira.
5. Seguimos o noso camiño aproveitando da frescura do bosque, ata chegar ao muíño abandonado do Ruxidoiro, entre poulas e carballeiras e a auga nos regatos. Un lugar cheo de misterio que encantará aos máis pequenos. Estamos na zona núcleo da Reserva da Biosfera.
6. Comezamos o retorno cara Vilar de Santos, polo camiño que ía cara a Cerredelo. Chegamos novamente a Saa, onde podemos deternos na área recuperada da Fonte do Pazo de orixe romana. Despois seguiremos o camiño entre carballos e sombra que nos levará de volta a Vilar de Santos, onde poderemos descansar no parque de Cachalgura.