Sendeiro de Parada

Ruta que parte do pobo de Parada , onde deixamos aparcado o noso vehículo.
Aquí podemos coller auga para o camiño e visitar o entorno da igrexa de Santa María, que garda no seu interior ao santo mais querido na contorna, e un dos máis singulares de Galicia, San Bieito Preto. Na Pascua son miles os que veñen en peregrinación á festa na súa honra.
Este sendeiro circular percorre case toda a parroquia de Parada.
1. Seguimos o camiño asfaltado a Outeiro. Deixamos o pobo e imos cara a zona de Bamba e Bedos, unha zona de enorme riqueza paisaxística, onde recuperamos un antigo camiño que transcorre polo medio dunha carballeira centenaria e poulas.
2. Se optarmos pola ruta curta, dirixirémonos cara Toxediño polo monte da Costa, cunhas boas vistas panorámicas e entre lameiros. Aquí podemos visitar o seu forno comunal e ir polo pobo da Venda ao encontro da rota longa.
4. Atravesaremos unha carballeira antes de chegar a Laioso, onde podemos ver a capela de San Xoán e coller auga na Fonte da Lama.
5. E xa cara a Bréixome de Arriba, podemos camiñar, entre carballos e prados polo Ferradal e As Chousas e ao pé dun muiño de auga ben conservado.
7. Imos polo antigo camiño da Brea e dirixímonos cara a zona da Lobeira e Cachemendo, un dos lugares máis fermosos da ruta e unha xoia natural da Reserva da Biosfera seguindo o trazado vello por carreiros entre carballeiras e poulas e xa nos encamiñamos cara ao Vieiro e por camiño asfaltado novamente a Parada.