Sendeiro de Castelaus

1. Saímos da área recreativa do pobo de Castelaus, onde podemos aparcar o noso vehículo e coller auga para o camiño na Fonte dos Espiñeiros; unha das de máis sona do Concello.
2. Tomamos o sendeiro seguindo a sinalización dos postes, que nos guiarán ao longo de todo o camiño, para comezar a subir paulatinamente cara Panadeira e o Toutizo ata o monte Cobelo entre carballos.
4. Chegamos a Vilar de Santos, onde se estamos cansos podemos aproveitar para visitar o Museo da Limia, tomar algo ou descansar no Parque da Cachalgura ou mesmo tomar un baño na piscina municipal no mesmo parque se é verán.
5. Desde o alto teremos unhas magnificas vistas da Limia e dos antigos terreos da Lagoa. Ao fondo as charcas creadas polas empresas de extracción de area, nas que abundan os patos, garzas, cegoñas ou pitas de auga.
Outros Sendeiros
Sae da Igrexa románica de Vilar de Santos, por riba da Praza do Concello, segue cara á aldea de Saa e desde alí, atravesando bosques de carballos, praderías e un muíño, encamíñase ao Ruxidoiro, zona núcleo da Reserva da Biosfera, lugar onde remansaba a auga do regato Cigüeñeiras. Trátase dunha ruta pequena e con pouco dificultade, apta para calquera paseante.