O Concello de Vilar de Santos asinou un convenio de colaboración co Balneario de Cortegada, para o programa de “Termalismo Social” da Deputación de Ourense, pero na opción de só tratamento terapéutico. Este acordo está destinado aos veciños e veciñas do concello maiores de 50, podendo levar un acompañante sen límite de idade, quenes poderán desfrutar dos beneficios dos programas terapéuticos e das augas mineiro-medicinais.

O programa ten unha duración de dúas semanas en horario de tarde e inclúe transporte de ida e volta desde Vilar de Santos ao balneario.

O programa ten unha duración de 10 días e o custe é de 130€ por persoa.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 15 de novembro nas oficinas municipais:

Benestar Social – Casa do Concello
Rúa de Celanova 77
32650 Vilar de Santos
Tel. 988 465 883
servizos.sociais@vilardesantos.com

Pin It on Pinterest

Share This