Un ano máis, o Concello asinou un convenio de colaboración co Balneario de Cortegada, para o programa de Termalismo da Deputación de Ourense, pero na opción de só tratamento terapéutico.
Está destinado aos veciños e veciñas do concello maiores de 50 anos, podendo levar un acompañante sen límite de idade.
O programa ten unha duración de dúas semanas en horario de tarde e inclúe transporte de ida e volta desde Vilar de Santos ao balneario.
- Prazo de solicitudes: ata o xoves 17 de outubro, incluído.
- 10 días de tratamentos termais que comezan o 21 de Outubro.
- Custe: 140 euros por persoa.
- Prazas limitadas