O Concello asinou un convenio de colaboración co Balneario de Cortegada, para o programa de Termalismo da Deputación de Ourense, pero na opción de só tratamento terapéutico.
Está destinado aos veciños e veciñas do concello maiores de 50, podendo levar un acompañante sen límite de idade, poderán desfrutar dos beneficios dos programas terapéuticos e das augas mineiro-medicinais.
O programa ten unha duración de dúas semanas en horario de tarde e inclúe transporte de ida e volta desde Vilar de Santos ao balneario.
- Prazo de solicitudes: ata o 16 de outubro, incluído
- 10 días de tratamentos termais do 22 de outubro ao 2 de novembro
- Custe: 130 euros por persoa
- Prazas limitadas
Máis información en:
Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos
Tel. 988 465 883
servizos.sociais@vilardesantos.com