O Concello de Vilar de Santos pon en marcha un rexistro municipal de persoas electrodependentes, co obxectivo de identificar a aquelas persoas que precisan de dispositivos eléctricos por razóns de saúde. Esta medida busca actuar con maior eficacia en situacións de emerxencia ou cortes no subministro eléctrico.
Se é o teu caso ou o dalgunha persoa ao teu cargo, podes cubrir o formulario de inscrición dispoñible na ligazón.
A colaboración da veciñanza é fundamental para garantir unha resposta áxil e adaptada ás necesidades reais do municipio.
Descarga o formulario na seguinte ligazón, tamén dispoñible en formato impreso nos Servizos Sociais do Concello.
Rexistro de persoas electrodependentes
