O  Concello de Vilar de Santos conseguiu 159.545,61 euros nunha axuda estatal do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía- IDAE do Ministerio para la Transición Ecológica dentro do Programa de axudas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono co proxecto de “Renovación das instalacións de alumeado público no concello de Vilar de Santos” por un importe de 199.432,01 euros, coa que financiar unha primeira fase dun ambicioso proxecto de renovación global da iluminación pública de todo o concello.

O Concello elaborou un Estudio de Sustentabilidade Ambiental da iluminación pública municipal, realizado en novembro do 2016, un instrumento de planificación, xestión e seguimento que ordena de xeito integral os esforzos a realizar en materia de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público. Nel puidemos comprobar o funcionamento, o estado dos compoñentes, os consumos enerxéticos e os custes de explotación e sobre todo e máis importante, determinar as prioridades de actuación e as fases previstas para levalas a cabo, co obxecto de mellorar a eficiencia e reducir o consumo enerxético e o gasto económico; adecuar e adaptar as instalacións á normativa vixente, os niveis de iluminación regulamentarios e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Pin It on Pinterest