PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS E INVESTIMENTOS NA RESERVA DA BIOSFERA ÁREA DE ALLARIZ – CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

Parte do territorio do concello de Vilar de Santos pertence á Reserva da Biosfera Área de Allariz, recoñecida polo seu valor ecolóxico e medioambiental e a sostibilidade das accións que ten lugar dentro dela.
Neste sentido, o concello realizou entre setembro de 2024 e maio de 2025 unha serie de actuacións para as que contou coa financiación da Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Xunta de Galicia.

● Creáronse hábitats para anfibios e polinizadores co establecemento dunha charca nas inmediacións da aldea de Saa e a colocación de casetas-refuxio.
● Rexeneráronse espazos degradados na área da Rede Natura 2000 ZEPA A Limia.
● Instaláronse caixas niño monitorizadas para lagarteiro e curuxa na mesma área da Rede Natura 2000 ZEPA A Limia.
● Leváronse a cabo actividades de sensibilización ambiental na contorna da aldea de Saa, ao arredor da zona núcleo do Ruxidoiro, para dar a coñecer os valores medioambientais e de sostibilidade da Reserva da Biosfera.

 

 

Pin It on Pinterest

Share This