
Presentamos a programación de Nadal de Vilar de Santos 2025-2026 🎄✨
– Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro teremos o Concilia Nadal, cheo de actividades e sorpresas para a cativada.
– O 23 de decembro recibiremos a visita do Apalpador, unha das tradicións máis queridas destas datas.
– O 26 de decembro disfrutaremos da excursión a Pazolandia.
– O 27 de decembro celebrarase a Gala de Nadal, un encontro especial para compartir o espírito destas festas.
– Ata o 30 de decembro estará activa a campaña de recollida de xoguetes e libros, para colaborar coas familias que máis o precisan.
– E o 5 de xaneiro, como broche final, viviremos a tradicional Cabalgata de Reis 👑✨
Vilar de Santos xa está preparado para un Nadal cheo de ilusión e comunidade. 🎅🏼🌟
