Dende o Concello de Vilar de Santos, informamos de que xa está aberto o prazopara solicitar o Programa Respiro Familiar da Xunta de Galicia.
Unha iniciativa pensada para apoiar a quen coida de persoas dependentes, ofrecendo axudas para que tamén poidan descansar.
O programa inclúe:
Ata 1.500 € para respiro en residencias.
Ata 1.000 € para centro de día ou coidados no fogar.
Quen pode solicitalo?
Familias con persoas dependentes residentes en Galicia.
Dependencia grao II ou III recoñecida, ou discapacidade do 75 % ou máis.
Con informe médico ou social que acredite a necesidade do coidado.
Solicitudes ata o 15 de outubro na sede electrónica da Xunta: sede.xunta.gal



