Servizo de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, programa financiado coa axuda da Unión Europea

Rematou unha nova edición do «Servizo de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero», un programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero subvencionado con 7.920,00 € pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+ Galicia 2021-2027).

O principal obxectivo do programa era previr a violencia de xénero e mellorar a situación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, ofrecendo un espazo seguro no que compartir, desfrutar e gañar poder, tal e como fixeron as 40 mulleres do noso concello que participaron nos obradoiros de promoción da saúde, risoterapia, conservas vexetais e nas sesións de apoio psicolóxico que se realizaron dende o pasado mes de marzo.

Estas actividades contribuíron á mellora da súa autoestima, e axudaron á adquisición de coñecementos, habilidades e herramentas que sen dúbida contribuíron tamén a mellorar a súa situación persoal, emocional e social.

Pin It on Pinterest

Share This