Houbo unha Nova Resolución dun posto mais do Programa APROL RURAL 2021, polo tanto o Concello vai solicitar unha Nova Oferta pública de emprego á Oficina de Xinzo para a contratación laboral de:

– Un (1) peón forestal (non se require titulación e non se valora experiencia).

As persoas interesadas deberán estar inscritas na Oficina de Emprego de Xinzo na categoría anterior.

Terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

  • Mulleres.
  • Menores de 30 anos demandantes do primeiro emprego.
  • Persoas paradas de longa duración.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego.
  • Persoas desempregadas maiores de 45 anos e Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.

Realizarase un contrato laboral temporal de 9 meses para as labores indicadas nas bases reguladoras.

As persoas que estiveron contratadas con cargo ás axudas concedidas no ano 2020 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de políticas activas de emprego poderán ser contratadas con cargo ás axudas previstas nesta Orde.

Todas aquelas persoas interesadas, poden pasar pola Oficina de Emprego de Xinzo, que é a encargada de facer a preselección do candidatos que reunan os requisitos establecidos na Orde da convocatoria, ou polo concello para informarse.

Vilar de Santos, 25 de xuño de 2021

Pin It on Pinterest

Share This