BANDO
PROGRAMA DE AXUDAS PARA AS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN VIVENDAS EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO.
Axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) a persoas físicas destinadas a vivendas xa construídas con anterioridade ao ano 2007, para actuacións de eficiencia enerxética mediante o aforro enerxético e aproveitando das enerxías renovables para a redución do consumo de enerxía final.
Hai tres tipoloxías de axudas:
- Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (fachadas, fiestras…).
- Uso de enerxías renovables para calefacción, climatización, refrixeración, etc.
- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
O prazo xeral para solicitar está aberto ata o 30 de setembro de 2022 agás esgotamento do orzamento asignado.
Aquelas persoas interesadas poden pasar polo concello para informarse destas axudas.
Vilar de Santos, xaneiro de 2022
O ALCALDE
Asdo.: Xoan Xosé Jardón Pedras.