????????? ???????? ?? ??????????

A Xunta de Galicia convoca a concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa de “Benestar en balnearios”. Procedemento BS607A

?Poderán ser persoas beneficiarias do programa Benestar en balnearios para o ano 2025 aquelas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter 60 anos ou máis, ou ter 55 anos ou máis e posuír a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.

d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a convivencia normal nos establecementos, nin enfermidades transmisibles que supoñan risco de contaxio.

e) Non ter contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación necesaria que lle permita acceder a algunha das prazas e quendas solicitadas.

g) Cumprir cos requisitos e obrigas establecidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

?Data de solicitudes: 17/06/2025 00:00 – 15/07/2025 23:59

?Máis información en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS607A

folleto_balnearios_2025

 

Pin It on Pinterest

Share This