Ábrense as preinscricións ao Concilia de Semana Santa do Concello de Vilar de Santos para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. O programa executarase os días 14, 15, 16 e 21 de abril en horario de 9 a 14 horas:
DESTINATARIOS
Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Ten prioridade absoluta en adxudicación de prazas os nenos e nenas empadroados con ao menos 6 meses de antigüidade no Concello de Vilar de Santos.
SOLICITUDE
O prazo de preinscrición estará aberto ata o 04/4/2025 (inclusive) a través do formulario online habilitado nesta ligazón.
Rematado o prazo de preinscrición, publicarase na web do concello https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA AS PERSOAS ADMITIDAS
Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula unha vez remate o prazo de preinscrición. A matrícula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través do correo electrónico servizos.sociais@vilardesantos.com remitindo a este enderezo o formulario da solicitude previamente asinado. O formulario de solicitude poderá recollerse nas oficinas municipais ou ben descargalo da seguinte ligazón:
Formalizacion Matricula Semana Santa 2025
BASES COMPLETAS DO CONCILIA SEMANA SANTA 2025
Deben consultarse nesta ligazón:
Bases Concilia Semana Santa 2025