Ábrense as preinscricións ao campamento de Nadal do concello de Vilar de Santos para nenas e nenos de entre 3 e 14 anos. O programa executarase do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas:
DESTINATARIOS
Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos de idade.Terán prioridade absoluta na adxudicación de prazas os nenos e nenas empadroados con ao menos 6 meses de antigüidade no Concello de Vilar de Santos.
SOLICITUDE
O prazo de preinscripción estará aberto ata o 17/12/2024 (inclusive) a través do formulario online habilitado nesta ligazón.
https://forms.gle/T4SwBQ4HnysEcxuV6
Rematado o prazo de preinscrición, publicarase na web do concello https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA AS PERSOAS ADMITIDAS
Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula unha vez remate o prazo de preinscrición. A matricula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través de correo electrónico: servizos.sociais@vilardesantos.com remitindo a este enderezo o formulario de solicitude previamente asinado. O formulario de solicitude poderá recollerse nas oficinas municipais ou ben descárgalo da seguinte ligazón:
Formalización de matrícula-Concilia Nadal 2024
BASES COMPLETAS DO CONCILIA DE NADAL 2024/25
Deben consultarse nesta ligazón: