- 26, 27, 28 e 29 de decembro 2023.
- 2, 4 e 5 de xaneiro 2024.
DESTINATARIOS
1.- O prazo de preinscripción estará aberto ata o 18/12/2023 (inclusive) a través do formulario online habilitado nesta ligazón:
https://forms.gle/e6qkEFPAAh7Y1NVcA
Rematado o prazo de preinscrición, publicarase na web do concello https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.
Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula.
2.- A matrícula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través de correo electrónico: servizos.sociais@vilardesantos.com remitindo a este enderezo o formulario de solicitude de matrícula previamente asinado. O formulario de solicitude de matrícula poderá recollerse nas oficinas municipais ou ben descargalo nesta ligazón:
Bases Concilia Nadal 2023 e formulario de solicitude de matrícula
A adxudicación de prazas levarase a cabo tendo en conta os seguintes criterios:
- Nenos e nenas empadroados no Concello de Vilar de Santos, a lo menos nos seis meses anteriores a data de inicio da preinscrición.
- Resto de nenos empradoados no Concello de Vilar de Santos.
- Nenos e nenas con algún proxenitor empadroado no Concello de Vilar de Santos.
- Nenos e nenas con algún familiar de ata segundo grao de afinidade/consanguinidade empadroado no Concello de Vilar de Santos.
- Orde de presentación de solicitude.
- Que os dous proxenitores traballen (deberán presentarse contratos de traballo).
- Nivel de renta (para o que se requirirá declaración do IRPF 2021/2022).
Os solicitantes non admitidos en primeira instancia, pasarán a formar parte dunha lista de agarda. Non se contemplarán solicitudes fora do prazo establecido, a excepción de que queden prazas libres. Non serán admitidos os nenos e nenas que non cumpran os requisitos esixidos.
A inscripción para participar no Campamento de Nadal 2023 do Concilia Vilar de Santos, presentaranse conforme o ANEXO I das presentes bases.
No caso de realizar chamamentos dentro das listas de agarda, seguirase o seguinte criterio: realizaranse un máximo de 3 chamadas teléfonicas o número indicado na solicitude, os chamamentos serán realizados entre as 9 e as 15 horas. De non ter resposta, pasarase ó seguinte da lista.
O sobre contén a seguinte documentación:
- Declaracións responsables e autorizacións.
- Autorización para imaxes.
- Declaración responsables datos médicos de interese.
- Autorización para recollida do menor por terceiras persoas.
- Autorización para que o menor poida marchar só unha vez rematado o campamento (só no caso de maiores de 10 anos).
- Autorización para participar no grupo de whatsapp.
O sobre coa totalidade do seu contido e o xustificante de ter realizado o pago do campamento, debe ser entregado antes do inicio do campamento, e con data límite o 22 de decembro de 2023.
HORARIOS E LUGAR DO CAMPAMENTO
O campamento terá lugar nas inmediacións da praza do Concello de Vilar de Santos.
A recepción dos menores será no Salón de Actos e o tramo de entrega será das 9 ás 10 horas.
A recollida realizarase no mesmo lugar entre as 13 e as 14 horas. Debendo ser recollido por un adulto debidamente autorizado. Os nenos e nenas maiores de 10 anos poderán marcharse sós unicamente naqueles casos en que os proxenitores o teñan previamente autorizado por escrito.
O campamento levarase a cabo dende o día 26 de decembro ata o día 05 de Xaneiro.
PAGAMENTO
Establécese un copagamento de 10€ ós empadroados, 20€ ós non empadroados e un desconto do 50% para os segundos irmáns.
Para aqueles nenos e nenas que estean suxeitos a copagamento, deberán realizar o pago do importe correspondente, no seguinte número de conta titularidade do Concello de Vilar de Santos: ABANCA – ES13-2080-5303-0131-1001-1605 antes do inicio do mesmo.