Coa finalización das obras de mellora da accesibilidade e das instalacións da Casa do Concello, hoxe tocou xornada de portas abertas.
Foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron ó longo de todo o día para coñecer e ver as novas instalacións e servizos da casa de todos.
Mañá completaremos a mudanza e a partir do luns, 7 de xaneiro volveremos atender na Casa do Concello con total normalidade e no horario habitual.
Outro proxecto rematado que reforza toda a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos municipais para facer fronte ás novas demandas e necesidades e poder seguir mellorando na prestación de servizos de calidade e no benestar dos veciños e veciñas do concello.
Deixamos unha galería de imaxes para aqueles que non puideron achegarse.