Piscina Municipal de Vilar de Santos – Horario de Verán 2025

A partir do 1 de xullo, abrirá ao público a Piscina Municipal de Vilar de Santos. Ese día celebrarase unha xornada de portas abertas, polo que a entrada será gratuíta.

A piscina permanecerá aberta ata o 7 de setembro, ofrecendo un espazo ideal para refrescarse e desfrutar do verán en familia.

? Horarios de apertura:

De luns a venres: de 15:30 h a 20:30 h

Fins de semana e festivos: de 16:00 h a 20:30 h

? Modalidades de acceso:

Entrada diaria: 1,50 € (á venda no Centro Social).

Bono mensual: 20 €

Bono de tempada: 30 €

? Desconto do 50 % para persoas empadroadas no Concello de Vilar de Santos nos bonos mensuais ou de tempada.

? Para máis información ou para adquirir os bonos, podes achegarte ao Centro Social.

 

Pin It on Pinterest

Share This