O Concello de Vilar de Santos invita aos veciños do pobo a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA do Concello de Vilar de Santos.
Este Plan comprenderá diferentes accións a realizar en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga, e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario de seca. A participación xa pode realizarse de xeito telemático a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms , ata o día 26 de novembro.
A seca é un fenómeno a nivel global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual. O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no territorio municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine as vulnerabilidades deste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca.
Polo que dende o Concello animamos a participar a poboación a través do enlace compartido, ca finalidade de poder realizar un Plan de Seca do xeito máis preciso posible.