O venres 22 de decembro ás 18:30 h a Asociación de Mulleres Rurais Arracada presentará a súa primeira función: unha pandeiretada que terá lugar na sala multiusos do concello, e a que agardamos que veñades para gozar da nosa música tradicional interpretada polas nosas veciñas e dunha boa chocolatada.
Lembrade ademais que dende as 18:00 h Papá Noel agardará por todos os nenos e nenas e as súas cartas.