Os Reis Magos visitan Vilar de Santos!
Data: 5 de xaneiro de 2024
Inicio: 16:00 h
Os Reis Magos chegan a Vilar de Santos para percorrer as aldeas do noso concello e compartir momentos inesquecibles cos máis pequenos. Se es un neno ou nena de Vilar de Santos, aquí tes o que debes facer para recibir a súa visita:
Que tes que facer?
🔸 Descarga a plantilla na web do Concello ou recóllea impresa nas oficinas municipais ou na biblioteca.
🔸 Entrega a túa carta no Buzón Real, situado na Casa do Concello.
Data límite: Antes do 27 de decembro.
É imprescindible entregar a carta no Buzón para que os Reis Magos te visiten.
Percorrido dos Reis Magos:
1. Centro de Día (Inicio ás 16:00 h)
2. Laioso (Escola)
3. Breixome
4. A Venda (Parque)
5. Toxediño (Pilón)
6. Outeiro (Aira de Outeiro)
7. Parada (Escaleiras da igrexa)
8. O Vieiro (Entrada do pobo)9
9. A Ponte o Mosqueiro (Forno)
10. Castelaus (Fronte carpintería)
11. Casas da Veiga (Escola)
12. Barrio (Forno)
13. Vilar de Santos (Casa do Concello – Fin ás 18:30 h)
Prepara a túa carta na seguinte ligazón e agarda con ilusión a chegada dos Reis Magos! 🎁✨

Pin It on Pinterest

Share This