Chega o Nadal ao Museo da Limia cos artesáns da Asociación Limiar. Dende mañá ata principios de xaneiro os cativos póñense ao choio para crear coas súas mans monicreques de tea cos que representar unha obra de teatro. E en verdade a representaremos! O Galo Quirico, na mañá do xoves 5 de xaneiro. Apuntádevos, rapaces, e vide pasalo ben connosco!

  • DATAS: do 26 ao 30 de decembro, e do 2 ao 4 de xaneiro.
  • HORARIO: de 16:00 a 18:00 h.
  • INSCRICIÓNS: no 617 844 097.
  • PREZO: 25 € (segundo irmán, a metade de prezo).

Pin It on Pinterest

Share This